canteiras_toelo

Canteiras de Toelo

Toelo, pedra de Moeche ou serpentina son as distintas maneiras que ten a poboación local de chamar a unha rocha gris verdosa que aparece na contorna de Moeche, San Sadurniño e Cerdido. En orixe estas rochas estaban no Manto terrestre, situado a máis de 70 km de profundidade. Para coñecer un pouco máis sobre esta rocha tan singular cómpre visitar o Monte da Caleira, onde se atopaba o maior número delas, aínda que a presenza de mármores é outro dos atractivos xeolóxicos deste lugar. 

Un pouco máis cara o Leste emprázase a canteira de Ferrarías, onde o conxunto de bancais que aínda se conserva permite entender mellor o método de explotación. Finalmente na canteira de Penasalbas o uso principal foi na industria siderúrxica, é polo tanto moi diferente ao das anteriores explotacións mineiras.

Durante a visita a estas canteiras non se pode deixar de contemplar o val no que se asenta o castelo de Moeche, que a diferencia de outros, non ten un gran río. Isto débese a que este val é de orixe tectónico, é dicir, formouse pola afundimento da superficie terrestre por mor de fracturas.

Concello: Moeche
Visitable: Si, a pé. Só con guía e dentro de xeorutas organizadas, posto que as canteiras se encontran en lugares privados
Outros datos: En toda a zona pode verse o uso ornamental e construtivo do toelo, unha rocha doada de traballar e de pulir que se converteu en cruceiros, linteis de portas e fiestras, baños de salgar, escaleiras, varandas…

Comparte este contido

Facebook
Twitter
Email

Máis que ver

.

Unha viaxe a o interior da Terra

© Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol