Os concellos do Ortegal reúnense en San Sadurniño para darlle o empurrón definitivo ao xeoparque

Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño reuníronse este xoves na Casa do Concello para falaren do proxecto do xeoparque do Cabo Ortegal e máis concretamente da fórmula colaborativa que se encargará de por en marcha o plan director e iniciar a tramitación da candidatura. A Deputación da Coruña mostrou o seu interese en implicarse economicamente … Read more

Os concellos de Cedeira, Moeche e Ortigueira intensifican as rutas xeolóxicas para os meses de verán

Cedeira, Moeche e Ortigueira intensifican o programa de rutas xeolóxicas guiadas durante o verán para que veciños e viaxeiros poidan gozar da riqueza xeo­lóxica que existe nestes tres territorios. Representantes dos concellos de Cedeira e Moeche -Or­tigueira non puido acudir por razóns de axenda- presentaron hoxe as propostas coas que queren dar resposta ao interese … Read more

San Sadurniño, Neda e A Capela acollen esta fin de semana o Geolodía 2017

A Sociedade Xeolóxica de España organiza esta fin de semana o denominado Geolodía 2017, co que se pretende promover o coñecemento da xeoloxía e da profesión asociada a esta disciplina. Son excursións de campo que se desenvolven simultaneamente en todo o Estado por zonas especialmente interesantes en canto a rochas e formacións minerais. O xeólogo … Read more

Os concellos da comarca coñecerán a experiencia do Xeoparque da Costa Vasca

O proxecto do xeoparque do Cabo Ortegal continúa movéndose para chegar a converterse máis cedo que tarde nunha realidade. E faino  de dúas maneiras: por medio da difusión da riqueza mineral e das peculiariedades dunha zona -a nosa- única no mundo desde o punto de vista xeolóxico e buscando o xeito de artellar a candidatura … Read more

Unha ruta guiada mostrará o sábado 29 a riqueza xeolóxica do val do Castro e do Forgoselo

San Sadurniño é un dos concellos da comarca que se implicou na promoción da candidatura da área xeolóxica do Complexo do Cabo Ortegal como xeoparque. Unha figura da UNESCO que, sen implicar restricións para os usos do chan, ten como obxectivo recoñecer e identificar zonas únicas no mundo polas súas peculiariedades orográficas e minerais. Porén, os parques … Read more

O salón de plenos de San Sadurniño acollerá este mércores a presentación do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal

O Complexo xeolóxico do Cabo Ortegal abrangue un territorio de 582 km2, esparexido polos concellos de Ortigueira, As Somozas, Cariño, Cerdido, Moeche, Cedeira, Valdoviño e San Sadurniño. Esta formación xeolóxica caracterízase por ter rochas ultrabásicas, que son moi raras mesmo a nivel mundial, como é o caso do toelo ou pedra de Moeche, e que … Read more