María del Mar Delgado e Ángel García vencen na categoría elite do Trofeo Xeoparque Cabo Ortegal de orientación en bicicleta

Ángel García, do Club Brigantia, e María del Mar Delgado, do OP Betanzos, impuxéronse na categoría Elite do II Trofeo Xeoparque Cabo Ortegal de MTBO (Orientación en bicicleta de montaña), unha proba que se celebrou o pasado sábado, 24 de setembro, organizada polo club Gallaecia Raid e a Federación Galega de Orientación, coa colaboración dos … Read more

Arredor de 200 persoas participarán este sábadono II Trofeo Xeoparque Cabo Ortegal de orientación en bicicleta

Preto de 200 persoas daranse cita este sábado, 24 de setembro, en Cariño e en Cedeira para disputar o II Trofeo Xeoparque Cabo Ortegal de MTBO (orientación en bicicleta de montaña), unha proba organizada polo club Gallaecia Raid e a Federación Galega de Orientación que conta coa colaboración dos Concellos de Cariñoe Cedeira e da … Read more

Últimas xeorrutas do verán

Estamos xa na recta final do verán. Aos días xa se lles nota, semella que o tempo vai collendo maneiras de outono e, como se adoita dicir, todas e todos, rapazada e xente adulta, temos que volver á rutina despois das vacacións. Tamén chegamos ao momento de rematar o programa de rutas xeolóxicas estivais, ao … Read more

A avaliación do proxecto de xeoparque deixa «boas sensacións» na asociación xestora

Este mércores 31 de agosto rematou a misión de avaliación do Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal, que aspira a obter o recoñecemento da Unesco facendo valer a exclusividade da súa xeoloxía e, sobre todo, a súa capacidade para poñela ao servizo dun desenvolvemento sostible que beneficie a todo o territorio. Os avaliadores enviados polo … Read more

Concellos, Deputación, Xunta e Estado escenifican o seu apoio ao proxecto de xeoparque

Terceiro día de avaliación do noso proxecto por parte da Unesco, que hoxe volveu á zona costeira para completar unha xornada máis curta en canto a visitas de campo pero igualmente densa en canto a contido xeolóxico, xuntanzas con entidades e persoal técnico e análise pormenorizada de ata que punto cumprimos os requisitos para sermos … Read more

A misión de avaliación da Unesco visitou hoxe os concellos do interior

No segundo día de avaliación internacional do noso proxecto tocou percorrer os concellos do interior: San Sadurniño, Moeche e Cerdido. O británico Chris Woodley-Stewart e o uruguaio César Goso mantiveron ao longo da xornada varios encontros con entidades do territorio alternados con visitas a lugares destacados pola súa xeoloxía, pola súa paisaxe, polo seu patrimonio … Read more

Comeza a auditoría internacional do noso proxecto

Primeiro día da avaliación internacional da candidatura do Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal para obter o distintivo da Unesco. Hoxe o percorrido centrouse na zona costeira, aínda que o percorrido foi precedido dunha xuntanza de contextualización dos valores do territorio -xeolóxicos, culturais, socioeconómicos, turísticos- e dunha explicación introdutoria das accións que se están levando … Read more