Rutas sobre antigos volcáns, rochas que parecen doutro planeta e pedras únicas convertidas en arte

Os concellos implicados no proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal proseguen desenvolvendo o seu calendario de xeorrutas, que vai alternando propostas de fin de semana en fin de semana co obxectivo de ofrecer unha visión completa da riquísima, variada e exclusiva xeoloxía da zona. Desde este venres até o luns volvemos ter sete oportunidades de … Read more

Outros catro días para facer unha viaxe ao interior da Terra

O principal valor xeolóxico do ámbito do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal é a exclusividade das formacións xeolóxicas que se poden ver nesta zona, como resultado da chamada Oroxenia Varisca que fixo subir á superficie materiais habitualmente ocultos a decenas de quilómetros de profundidade. Durante esta fin de semana poderemos ver os máis destacados, … Read more

As rutas xeolóxicas desta fin de semana lévannos á costa e, de novo, ao interior

Penúltima fin de semana de xullo e unha das centrais das vacacións do verán, coa celebración do 25 de xullo. Entre as posibilidades de lecer que se ofertan en Galicia, hai sete que  non se poden deixar escapar: as rutas que percorrerán desde o venres até o luns algúns dos enclaves xeolóxicos máis destacados do … Read more

Sete oportunidades de descubrir a exclusividade xeolóxica do Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal durante esta fin de semana

O ámbito do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal prosegue coa súa oferta de xeorrutas durante este verán. Para esta fin de semana, de venres a luns, hai seis organizadas por Cedeira, Ortigueira, Moeche e Cariño, ademais do percorrido marítimo que oferta a empresa Rutas Cedeira. As propostas permitirannos descubrir desde terra e desde o mar … Read more

Máis de 80 rutas para descubrirmos a excepcionalidade xeolóxica do noso proxecto

O Doutor en Xeoloxía Francisco Canosa volve poñerse á fronte dos itinerarios estivais que nos permitirán descubrir toda a riqueza xeolóxica que garda o noso territorio. Entre xullo e setembro desenvolveranse máis de 80 xeorrutas que ofrecen unha visión moi detallada das especificidades de toda a área do ámbito do proxecto. As primeiras desenvolveranse esta … Read more

O proxecto do Cabo Ortegal volve examinarse para poder ser candidato a Xeoparque Mundial

A Casa da Cultura de Valdoviño acolleu esta mañá a comparecencia virtual da Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal perante o Comité Nacional Español de Xeoparques, o organismo encargado de propoñer que proxectos -dous como máximo- se converten nesta anualidade en candidatos oficiais para obter o distintivo internacional de Global Geopark. Foron … Read more

Os concellos defenderán este mércores o proxecto de xeoparque perante a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO

O Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal terá na mañá deste mércores unha nova cita decisiva para poder acceder ao ansiado distintivo Global Geopark. A partir das 10.00 h está previsto que comece o encontro por videoconferencia no que se deberá defender a proposta perante a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO, entidade dependente … Read more

O Proxecto asiste á primeira xornada virtual do programa “Hablemos de Geoparques”

Até o próximo 6 de xuño desenvolverase a Semana de Xeoparques Europeos 2021 que multiplica as actividades de difusion e coñecemento nos 81 territorios de 26 países do continente que contan co selo Global Geopark da UNESCO. É un “festival de Xeoparques”, tal e como indica a web da rede europea, que se traduce en … Read more

Medio Rural ofrece a súa colaboración para dinamizar o centro comarcal de transformación agroalimentaria

O Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, José Silvestre Balseiros, achegouse esta mañá ata Moeche para visitar as instalacións do centro de transformación A Fusquenlla, no que o seu departamento participou cunha axuda de 12.000 euros para o deseño técnico do proxecto (sen contar os 119.000 euros de fondos … Read more