Xeorruta do Cromo

Nesta ruta, grazas á colaboración co Concello de Cedeira, percorreranse os cantís máis elevados da Europa continental, unha vista privilexiada para contemplar o litoral entre Teixido e a Punta do Cadro. Unha zona que xeolóxicamente destaca pola presenza de rochas moi pouco habituais na superficie do noso planeta. Asociadas a elas foron descubertas acumulacións de … Read more

Xeorruta do Limo

Esta ruta polo macizo do Limo, grazas á colaboración co Concello de Cariño, permitirá descubrir formacións rochosas moi singulares, que co paso do tempo adquiren formas sumamente curiosas e rechamantes. Isto unido a que o percorrido discorre polos cantís máis verticais da Serra da Capelada, farán desta visita xeolóxica unha oportunidade única para coñecer esta … Read more

Xeorruta do Toelo

Cantera de Toelo

Con esta visita guiada, posible grazas á colaboración co Concello de Moeche, poderá coñecerse de primeira man un dos materiais ornamentais máis exclusivos que temos en Galicia, as serpentinitas ou toelo. Estas rochas, cunha fermosa cor verde, foron obxecto de explotación dende o século XIX en numerosas canteiras do concello de Moeche. Algunhas destas explotacións … Read more

Xeorruta dos Cabos

Grazas á colaboración co Concello de Valdoviño, neste percorrido polo litoral, entre Pantín e Valdoviño, atoparemos salientables estruturas xeolóxicas, como a Falla de Valdoviño (que se estende ata Monforte de Lemos), ou os materiais do chamado Complexo de Cabo Ortegal. É dicir, rochas que formaban parte dun antigo océano e que habitualmente non aparecen na … Read more

Xeorruta dos Cantís

Grazas á colaboración co Concello de Cedeira, nesta ruta contemplaranse unhas impresionantes vistas panorámicas da Serra da Capelada, descubrindo así unha salientable estrutura xeolóxica de máis de 400 m de altitude. Do mesmo xeito poderanse tocar rochas que hai millóns de anos se atopaban a 70 km de profundidade, algo que podemos experimentar aquí en … Read more

Xeorruta de Praias Negras

¿Unha praia única en Galicia? Esta ruta xeolóxica, posible grazas á colaboración co Concello de Cedeira, permite coñecer a que está considerada como a única praia de area negra non volcánica do noso planeta. Pero, sen dúbida, o emprazamento desta praia de Teixidelo -aos pés dos cantís máis altos da Europa continental- fan desta zona … Read more