DSC01045-web1081x1922U30

En exposición pública a memoria do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal

Facebook
Twitter
Email

O Boletín Oficial da Provincia publicou recentemente a apertura do período de exposición pública da memoria do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. O documento recolle tanto a riqueza xeolóxica da zona como os obxectivos e eixos de traballo relacionados cun desenvolvemento territorial sostible. De feito, este último apartado -acompañado dunha exhaustiva análise económica, demográfica e de potencialidades- é o que ocupa boa parte da memoria, onde se marcan como prioridades a conservación e difusión do patrimonio xeolóxico, a investigación do seu valor único, a implicación social no proxecto e a existencia dunha figura, a Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, que coordine todas as accións.

A memoria xa estivo exposta ao público o ano pasado a raíz do primeiro proceso para presentar a candidatura do proxecto a obter o distintivo da UNESCO. Agora, coa nova solicitude que se está tramitando, é preceptivo volver publicar o documento e dar 20 días hábiles para que calquera persoa que se considere directamente interesada poida presentar opinións ou observacións sobre o seu contido.

Deste modo, o último día de consulta e rexistro de alegacións será o próximo 10 de xuño. Poderán achegarse mediante un escrito dirixido ao Concello de Valdoviño -Porta do Sol S/N, 1552, Valdoviño-, ao enderezo sede@concellodevaldovino.com indicando no asunto “Xeoparque”, ou ben cursarse  a través da Sede Electrónica municipal.

Anuncio publicado no BOP do 12/05/2021
Memoria da candidatura (.pdf)

Facebook
Twitter
Email

Deixa un comentario