O Doutor en Xeoloxía Francisco Canosa volve poñerse á fronte dos itinerarios estivais que nos permitirán descubrir toda a riqueza xeolóxica que garda o noso territorio. Entre xullo e setembro desenvolveranse preto de medio cento de xeorutas que, de facerse todas, ofrecen unha visión moi detallada das especificidades de toda a área do Complexo Xeolóxico do Cabo Ortegal, pero tamén doutros puntos interesantes incluídos no ámbito do noso proxecto, como por exemplo as pías e bolos graníticos do Forgoselo ou os espeleotemas de Mina Piquito.
Para participar nestes itinerarios cómpre prestarlle atención ao calendario publicado polo xeólogo no seu blog, rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com, onde ten publicada unha ligazón a Google Calendar con todas as datas, ademais dunha breve introdución explicativa das zonas que se van visitar.
No blog tamén figuran os enlaces aos formularios de reserva, que se abren 15 días antes de cada xeoruta co obxectivo dar tempo suficiente para xuntar un grupo mínimo de participantes. Neste sentido tamén fai falla non demorarse moito na inscrición, posto que case todas as rutas esgotan as prazas poucas horas despois de abrirse o prazo para apuntarse.
Incorporamos no seguinte listado todas as rutas dispoñibles.
1 comentario en “Fran Canosa dirixirá case medio cento de xeorutas pola nosa zona”