muñequitos

O territorio do proxecto contará cun Plan de Excelencia para apoiar e impulsar o sector turístico, especialmente hostalaría e restauración

Facebook
Twitter
Email

Os alcaldes e alcaldesa dos concellos integrantes da Asociación para a Xestión do Xeoparque de Cabo Ortegal –Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño- acordaron impulsar a elaboración dun proxecto de desenvolvemento e impulso turístico no ámbito territorial conxunto, que repercuta principalmente na necesaria supervivencia do sector da hostalería e restauración. No marco da Asociación de Concellos promoverán a posta en marcha deste proxecto co obxectivo de promocionar e apoiar un dos sectores máis castigados pola pandemia, de tal xeito que sexa unha guía de traballo para impulsar de forma ordenada, sostible e rendible os recursos turísticos do conxunto dos concellos.

A gravidade da situación económica das comarcas ás que pertencen os sete concellos e deterioro causado pola situación sanitaria no conxunto dos sectores económicos, nomeadamente na hostalería, esixe accións conxuntas e planificadas. O territorio conta cun patrimonio natural e histórico único cunha gastronomía excepcional -apoiada nunha ampla rede hostaleira e puntos de venda-, todos eles elementos que o converten nun dos destinos turísticos con maior potencial do Norte da Península.

Este proxecto presentarase como Plan de Excelencia Turística para o Xeoparque de Cabo Ortegal, un documento que non é tanto unha marca, senón unha forma de actuar, capaz de provocar un efecto dinamizador directo e indirecto sobre o ámbito de aplicación e que buscará obter o apoio dos fondos europeos. Así mesmo, contará co apoio económico da Deputación da Coruña, no marco do convenio que proximamente se asinará entre esta Administración e a Asociación, e presentarase á Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia co obxectivo de que aposte por esta iniciativa.

Facebook
Twitter
Email

Deixa un comentario