_O0B2464

Primeiras reaccións tras o recoñecemento da UNESCO

Facebook
Twitter
Email

Son moitas as reaccións e mostras de cariño recibidas estes días por parte de todo o mundo tras anunciar que oficialmente Cabo Ortegal xa é Xeoparque Mundial da UNESCO. Tanto a poboación xeral como os principais involucrados no proxecto celebraron a obtención deste distintivo resultado de anos de intenso traballo. 

A obtención da distintivo UNESCO Global Geopark – un selo ao mesmo nivel que o de Patrimonio da Humanidade – posibilita e incentiva, a ampliación do coñecemento do territorio. Pasamos así a formar parte da rede mundial de xeoparques da UNESCO xunto a outros 194 xeoparques e convertémonos no número 16 da lista de xeoparques españois. Os xeoparques exercen tamén como fío condutor dun turismo sostible e desestacionalizado, mesturando natureza con patrimonio, tradición, gastronomía, e por suposto, coa xeoloxía.

Desde o primeiro momento a Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, formada polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, recibiu con gran satisfacción esta noticia. Quíxose agradecer especialmente a todas as persoas que fixeron deste un proxecto gañador, destacando o papel e a colaboración recibida en todo momento das Entidades Amigas, Comité Científico, Deputación da Coruña, asesores, empresas provedoras, veciñas e veciños.

Así, os compoñentes da Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, resaltan a importancia de ter alcanzado este fito: “É unha gran oportunidade para o desenvolvemento socioeconómico dos 7 concellos, porque un Xeoparque, sobre calquera outra cousa, é un proxecto de desenvolvemento territorial. Supón algo máis que un impulso ao turismo, contribuíndo a xerar oportunidades no sector primario, mediante un aproveitamento sostible do territorio, e tamén para estimular ao sector secundario. Sen dúbida é unha oportunidade para reforzar e potenciar o traballo en rede que se leva facendo todos estes anos, apostando por un crecemento conxunto e harmónico de todo o territorio.”

Pola súa parte, recibimos mensaxes de apoio de ambos os auditores da UNESCO que estiveron no territorio o pasado verán.

César Goso: “A los gallegos del GMU Cabo Ortegal, pobladores de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño y Valdoviño, muchas felicitaciones por este reconocimiento de UNESCO, que celebra vuestro patrimonio natural y cultural, y mi especial agradecimiento por lo que pude aprender allí, y a la oportunidad de reconocer en vosotros el don de gente, que como el de otros muchos gallegos contribuyeron a forjar el país donde vivo. Reciban un cálido saludo desde Uruguay y en particular del GMU Grutas del Palacio.  Ojalá podamos interactuar a través de algún proyecto o actividad en el futuro, para conocer más y acercar quizás a parientes y amigos de ambos lados del océano.”

Chris Woodley-Stewart: “Si nuestra tarea hubiera tratado simplemente de una evaluación del carácter, la singularidad y la pura belleza de un lugar, la conclusión habría sido fácil. Pero se trata de llegar al corazón de un sitio de forma muy rápida y comprender cómo podría funcionar como un Geoparque. Encontramos aquí un patrimonio natural y cultural excepcional que la comunidad protege, valora y comparte libremente. La gente entiende que su naturaleza y cultura son los principales bienes a largo plazo para la economía local y, además, sirve de sustento para su forma de vida en gran medida.

Debemos felicitar a todos los involucrados por su trabajo en la educación y la conservación, y en ayudar a las personas a disfrutar y comprender la geología, el paisaje y la cultura de este sitio. Sé que la gente apasionada detrás de un lugar que apasiona se asegurará de que Cabo Ortegal se convierta en un excelente Geoparque Mundial de la UNESCO y que esta designación supondrá un beneficio real para la zona.”

Facebook
Twitter
Email

Deixa un comentario