val_do_xubia

Val do río Xubia

O río Xubia, que deu orixe á ría de Ferrol, presenta un val fluvial bastante aberto no seu treito final. Isto débese en grande medida á presenza unha salientable estrutura xeolóxica, a falla de As Pontes Pedroso, que facilitou a erosión de todas aquelas rochas por onde pasa. Esta hipótese vese xustificada cando o río Xubia atravesa materiais que non están afectados pola falla de As Pontes-Pedroso, e en consecuencia ten que encaixonarse fortemente como calquera outro río desta parte de Galicia. 

Un dos mellores miradoiros para ver este val é o Pico de Ferreira, que a súa vez é o que en xeoloxía se denomina inselberg ou “monte illa”, é dicir, unha montaña que pola natureza dos seus materiais resistiu mellor a erosión que as rochas que había na súa contorna. Outro exemplo de relevo destacado na paisaxe e a Pena do Rei Mouro, formada por un filón de seixo, mineral moi duro, e ao seu redor lousas que son moito máis brandas. 

Desde o Pico de Ferreira tamén se pode divisar ao norleste o val sedimentario de Moeche -presidido polo castelo- que, malia parecer unha veiga fluvial, non ten ningún río que modelase a paisaxe desa maneira.

Concello: San Sadurniño
Visitable: Si, en coche ou a pé
Outros datos: A zona está na banda sur do proxecto de xeoparque e relativamente preto dos puntos de interese do Forgoselo, das canteiras de toelo e das minas de cobre. O Pico de Ferreira é un miradoiro natural cun alto valor patrimonial xa que nel existe unha tumba antropomorfa cavada na rocha – a “cama do santo”- que deu orixe a múltiples lendas. Desde alí divísase boa parte do territorio de Moeche, San Sadurniño e mesmo parte de Valdoviño e da ría de Ferrol, ademais de ter unha espectacular perspectiva da falla de Pedroso.

Comparte este contido

Facebook
Twitter
Email

Máis que ver

.

Unha viaxe a o interior da Terra

© Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol