Esta ruta, en colaboración co Concello de Moeche, permite coñecer un xacemento de cobre que se explotou até finais dos anos 1960 e que hoxe constitúe un dos espeleotemas máis rechamantes do noroeste peninsular. Nas galerías aínda hai restos da actividade mineira -vías, trabes, etc.- pero o que máis destacan son as estalagmitas e estalactitas de azuis e verdes de grande viveza. Nela, por cuestións de seguridade, é recomendable que os participantes sexan maiores de 11 anos. O de Mina Piquito é o percorrido xeolóxico máis curto de todos cantos se ofrecen este verán, pero non por iso menos interesante.
Para realizala será obligatorio levar botas de auga e luz (frontal, linterna convencional ou led). Non é necesario levar casco, o proporciona o Concello de Moeche.
Punto de inicio: Igrexa de Santa María de Labacengos
Concello: Moeche
Precio por persoa: 9€
Duración: 2 horas
Distancia: 2 Km
Dificultade: Baixa
Calendario de saidas:
XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
---|---|---|
16 e 25 | 6, 18 e 20 | – |