Pías ou tafoni producidos pola erosión

Xeorruta das Pías

Este percorrido xeolóxico discorre por dúas zonas, na contorna do Castelo de Naraío e na parte alta da Serra do Forgoselo, e é posible grazas á colaboración co Concello de San Sadurniño. Na primeira visitarase o val estrutural do Río Castro onde se pode ollar o contacto de rochas graníticas con antigos sedimentos, agora transformados en lousas, pero tamén a formación das pías orixinadas pola erosión fluvial. Pola súa banda dende a Serra do Forgoselo terase unha excepcional vista panorámica dende as Illas Sisargas ata a Serra do Xistral, pero sen dúbida, as formas graníticas (bolos, pías, acanaladuras ou tafonis) son as verdadeiras protagonistas, polo que aquí poderase descubrir cal é a súa orixe e evolución xeolóxica.

O percorrido ten unha dificultade baixa, aínda que é aconsellable levar un calzado cómodo. O desprazamento entre as distintas paradas realizarase en coches particulares.


Punto de inicio: Castelo de Naraío
Concello: San Sadurniño
Precio por persoa: 10 €


Duración: 4 horas
Distancia: 4 Km
Dificultade: Baixa

Calendario de saidas:

XULLO AGOSTO SETEMBRO
22 13 e 26 09 (cancelada)

Detalles:

  • Límite de prazas: 20 persoas
  • Horarios: Saidas ás 10:00 ou 16:30, en función da data escollida.
  • Idioma: Guía en castelán e galego
  • Ticket: Bono electrónico. Podes levalo no teu móbil
  • Cando reservar: Podes reservar hasta 24 horas antes do inicio da visita
  • Cancelación gratuita: Podes cancelar sen custe hasta 24 horas antes do inicio da visita. Se cancelas con menos tempo, non te presentas, ou chegas tarde, non se fai devolución do importe
  • Incidencias durante a reserva: Se tes algún tipo de incidencia durante a reserva podes contactar con Viaxes Galitur escribindo a reservas@viaxesgalitur.com

Comparte este contido

Facebook
Twitter
Email

Máis rutas

Calendario de rutas

Abril 2024

Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

.

Unha viaxe a o interior da Terra

© Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol