A costa de Meirás está chea de tesouros xeolóxicos, e os coñeceremos coa colaboración do Concello de Valdoviño: por exemplo, as dunas remontantes a carón do Faro de Punta Frouxeira, ou as rochas subvolcánicas na zona do Porto, onde ademais é posible ollar os vestixos da intensa actividade mineira que tivo lugar nesta zona a comezos do século XX. Nestas minas explotouse un mineral rico en arsénico, chamado arsenopirita, que as veces tiña incluso cantidades significativas de ouro e prata.
O percorrido ten unha dificultade baixa, aínda que é aconsellable levar un calzado cómodo.
Punto de inicio: Faro de Punta Frouxeira
Concello: Valdoviño
Precio por persoa: 9€
Duración: 4 horas
Distancia: 4 Km
Dificultade: Baixa
Calendario de saidas:
ABRIL |
---|
06 |