Santo André de Teixido

Xeorruta do Granate

A xeorruta do Granate, posible grazas á colaboración co Concello de Cedeira, discorre por un pequeno sendeiro de pescadores dende o Santuario de Santo André ata a enseada das Cortes, onde se observa unha ampla variedade de rochas moi rechamantes tanto pola súa cor como pola súa textura, así como un salientable número de estruturas xeolóxicas, que poñen de manifesto a intensa deformación que afectou a esta rexión hai 350 millóns de anos. Esta ruta xeolóxica permitirá descubrir unha das zonas máis descoñecidas do litoral de Cedeira.

O percorrido ten unha dificultade alta, debido a presenza de tramos con pedra solta, polo que é preciso levar un calzado con bastante debuxo na suela e a poder ser que protexa os nocellos. O remate estimado da actividade será ás 16:00 h., polo que hai que levar comida e bebida.


Punto de inicio: Aparcadoiro de Santo André
Concello: Cedeira
Precio por persoa: 10 €


Duración: 6 horas
Distancia: 5 Km
Dificultade: Alta

Calendario de saidas:

XULLO AGOSTO SETEMBRO
07 06 03

Detalles:

  • Límite de prazas: 15 persoas
  • Horarios: Saida ás 10:00
  • Idioma: Guía en castelán e galego
  • Ticket: Bono electrónico. Podes levalo no teu móbil
  • Cando reservar: Podes reservar hasta 24 horas antes do inicio da visita
  • Cancelación gratuita: Podes cancelar sen custe hasta 24 horas antes do inicio da visita. Se cancelas con menos tempo, non te presentas, ou chegas tarde, non se fai devolución do importe
  • Incidencias durante a reserva: Se tes algún tipo de incidencia durante a reserva podes contactar con Viaxes Galitur escribindo a reservas@viaxesgalitur.com

Comparte este contido

Facebook
Twitter
Email

Máis rutas

Calendario de rutas

Setembro 2023

Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

.

Unha viaxe a o interior da Terra

© Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol