Con esta visita guiada, posible grazas á colaboración co Concello de Moeche, poderá coñecerse de primeira man un dos materiais ornamentais máis exclusivos que temos en Galicia, as serpentinitas ou toelo. Estas rochas, cunha fermosa cor verde, foron obxecto de explotación dende o século XIX en numerosas canteiras do concello de Moeche. Algunhas destas explotacións e os produtos finais do seu traballo (cruceiros, linteis, hórreos, escaleiras, etc.) poderán visitarse e contemplarse nesta xeorruta.
O percorrido ten unha dificultade baixa, aínda que é aconsellable levar un calzado cómodo. O desprazamento entre as distintas paradas realizarase en coches particulares. Posteriormente farase unha visita guiada ás instalacións do Castelo cunha duración de 30 min.
Punto de inicio: Aparcadoiro da Igresa San Xurxo de Moeche
Concello: Moeche
Precio por persoa: 10 €
Duración: 3 horas
Distancia: 4 Km
Dificultade: Baixa
Calendario de saidas:
XULLO |
---|
29 |