Grazas á colaboración co Concello de Cedeira, nesta ruta contemplaranse unhas impresionantes vistas panorámicas da Serra da Capelada, descubrindo así unha salientable estrutura xeolóxica de máis de 400 m de altitude. Do mesmo xeito poderanse tocar rochas que hai millóns de anos se atopaban a 70 km de profundidade, algo que podemos experimentar aquí en Cedeira.
O percorrido ten unha dificultade baixa, aínda que é aconsellable levar un calzado cómodo.
Punto de inicio: Miradoiro de Chao do Monte
Concello: Cedeira
Precio por persoa: 9€
Duración: 3 horas
Distancia: 5 Km
Dificultade: Baixa
Calendario de saidas:
XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
---|---|---|
2, 12, 23 e 30 | 13 e 24 | 9 |