En colaboración co Concello de Ortigueira, nesta ruta na Serra da Capelada atopamos o maior afloramento de ecloxitas de todo o noso planeta, unhas rochas de récord que se orixinaron a máis de 100 quilómetros de profundidade, onde a presión é moi alta e iso permite que se formen os diamantes. Pero tamén visitarase o espectacular Pozo do Inferno e o macizo dos Penidos, un miradoiro natural con fermosas vistas panorámicas sobre a ría de Ortigueira. Soa ben, ¿non si?
O percorrido ten unha dificultade media, aínda que é preciso levar un calzado cómodo.
Punto de inicio: Soñín
Concello: Ortigueira
Precio por persoa: 9€
Duración: 4 horas
Distancia: 8 Km
Dificultade: Media
Calendario de saidas:
XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
---|---|---|
10 e 21 | – | 3 |