Os xeoparques mundiais da UNESCO son iniciativas de desenvolvemento construídas desde abaixo e que precisan a máxima base social para empezar a andar e consolidarse. Son proxectos para as persoas e feitos día a día polas persoas dun territorio que busca ampliar o seu potencial socioeconómico, cultural, turístico e de coñecemento,  aproveitando para iso o patrimonio xeolóxico. Ti podes axudarnos a alcanzar ese obxectivo de moitas maneiras: participando nos eventos que se organizan, interesándote por todo o que significa o proxecto, seguíndonos e compartindo contidos a través das túas redes sociais… incluso dándonos alento deixando constancia aquí do teu apoio. 

Xa somos 209 persoas, entidades e empresas as que apostamos por un xeoparque para o Cabo Ortegal. Únete a nós!

Xa se a nós...

Unha viaxe ao interior da Terra

© Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol