LITORAL-LOIBA-CABECEIRA-QUE-VER

Costa de Loiba

Este sector, onde se atopa o famoso banco, caracterízase por amosar un bo número de formas litorais moi vistosas, como son os arcos rochosos da Pena Furada e do Coitelo, ou os tómbolos das praias da Ribeira do Carro e da Fábrega

Nesta última praia son salientables os vestixios dun antigo vulcanismo submariño moi explosivo e violento, semellante ao do Vesubio, Monte Santa Elena ou Pinatubo. Unha actividade volcánica visible en forma de rochas brancas que ás veces conteñen capas de cinzas e mesmo fragmentos que saíron a gran velocidade do cono volcánico, pero de todo isto hai 475 millóns de anos. 

Pola súa banda na praia do Picón as rochas rexistraron o paso de icebergs cando esta zona se atopaba xeograficamente próxima ao Polo Sur.

Concello: Ortigueira
Visitable: Si, percorrendo en coche ou a pé a zona costeira.
Outros datos: Este traxecto entre a praia de San Antón -en Espasante- e o arranque do cabo de Estaca de Bares ofrece unha fantástica vista da desembocadura da ría de Ortigueira-Cariño. Un dos puntos obrigados de visita -e un dos mellores observatorios do vulcanismo de hai millóns de anos- é o banco de Loiba. Recoméndase extremar a precaución ao percorrer as zonas de cantís e evitar a visita en días de temporal.

Comparte este contido

Facebook
Twitter
Email

Máis que ver

.

Unha viaxe a o interior da Terra

© Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol